Plan de emprego local 2016-2019 convocatoria axudas PEL. Ano 2019

PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO:

Axudas  dirixidas a pequenas empresas e autónomos que, que con anterioridade á data de publicación da convocatoria, teñan unha antigüidade máxima de 5 anos de exercicio continuado na actividade empresarial para a que se solicita a axuda.

As entidades poderán presentar con carácter xeral un orzamento mínimo de gasto de 2.500 € e máximo de 25.000 € (excluído IVE), do cal poderán solicitar a axuda por un porcentaxe máximo do 80%. O importe máximo da subvención para conceder con carácter xeral será de 20.000 € (excluído IVE).

Os investimentos ao amparo desta convocatoria, deberán ser realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.

Financiarase a compra de bens inventariables pertencentes aos seguintes ámbitos:

  • Aplicacións informáticas.
  • Maquinaria.
  • Utillaxe.
  • Mobiliario.
  • Equipos para procesos de información.

Debe tratarse de investimentos en elementos novos, directamente relacionados coa actividade, non cedidos a terceiros, con ou sen contraprestación e que non teñan sido fabricados pola empresa solicitante.

PEL-EMPRENDE ACTIVIDADES:

As axudas van dirixidas a pequenas empresas e autónomos que, con anterioridade á data de publicación da convocatoria, teñan unha antigüidade máxima de 10 anos de exercicio continuado na actividade empresarial para a que se solicita a axuda.

As entidades poderán presentar con carácter xeral un orzamento mínimo de gasto de 2.500 € e máximo de 6.000 € (excluído IVE), do cal poderán solicitar axuda para un porcentaxe máximo do 80%. O importe máximo da subvención a conceder con carácter xeral será de 4.800 € (excluído IVE).

As actividades para desenvolver ao amparo desta convocatoria, deberán ser realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.

Subvencionaranse os gastos relativos a colaboracións externos para asistencia técnica, gastos externos de auditoría, consultoría, titorización, mentorización, formación e actividades ou actuacións relacionadas con melloras nos seguintes ámbitos:

  • Responsabilidade social empresarial.
  • Marketing e comunicación.
  • Competitividade e expansión.

 PEL – PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN:

Axudas a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (incluido autónomos) con domicilio fiscal en concellos de menos de 20.000 habitantes. Cada empresa solicitante poderá contratar como máximo a unha persoa traballadora desempregada, empadroada na provincia da Coruña, por un período mínimo de 12 meses.

A axuda será como máximo do 75% do soldo e seguridade social, segundo as táboas recollidas nas bases reguladoras relativas a grupos de cotización e categorías profesionais. O importe máximo da subvención para conceder con carácter xeral será de 16.500 €. No caso de contratos a tempo parcial, deberá solicitarse a parte proporcional.

Puntuaranse especialmente a aquelas empresas cuxa actividade económica estea clasificada con mellores perspectivas segundo a Estratexia Española de Activación para o Emprego 2017-2020:

  • Hostalaría e turismo.
  • Recuperación do comercio polo miúdo.
  • Comercio polo xunto.
  • Transporte e loxística.
  • Educación.
  • Sanidade.
  • Servizos Sociais.
  • Servizos avanzados ás empresas.

Así mesmo, puntuarase a contratación de persoas desempregadas pertencentes polo menos a un destes colectivos: Persoas desempregadas de longa duración, maiores de 45 anos ou menores de 30 anos, mulleres, persoas con grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

As contratacións ao amparo desta convocatoria deberán ser realizadas entre o 1 de xaneiro de 2019 e os dous meses posteriores á data de publicación da resolución de concesión.

PEL-PEMES MANTEMENTO:

A finalide da subvención é a de apoiar ás empresas para o mantemento da contratación laboral indefinida das persoas contratadas con cargo a PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN 2018.

Unha vez finalizados os primeiros doce meses da contratación inicial do/a traballador/a contratado/a de maneira idefinida, cada empresa poderá solicitar a subvención para os seguintes doce meses.

As axudas subvencionarán un máximo do 50% do soldo e seguridade social do traballador/a tendo en conta as táboas recollidas nas bases reguladoras en función da categoría e grupo de cotización. Polo que o importe máximo da subvención para conceder con carácter xeral será de 11.000 €.